Sunday 08 de September de 2024

Sufocado o incendio no interior dun alpendre no núcleo de Calo, no Concello de Teo


Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro participaron esta noite no operativo para sufocar un incendio no lugar de Mazas, no núcleo de Calo, no Concello de Teo. Ardeu unha gran cantidade de obxectos nun alpendre, entre os que se incluía unha gran cantidade de leña.

Ademais do SPEIS de Boiro, participaron o GES de Brión e a Policía Local e Protección Civil de Carballo.